Roupa tradicional de Galicia
O pasado domingo 23 de abril foi o Día Internacional do libro e do Dereito de autor. Debido á coincidencia cun día non lectivo quixemos adiar esta celebración ao longo desta semana, na que desenvolveremos algunha serie de accións para visibilizar este Día do Libro, entre elas esta relacionada co proxecto:
Tendemos as nosas lecturas:
Durante os recreos na biblioteca houbo unha serie de "prendas" típicas de Galicia en papel nas que o alumnado escribiu os seus libros preferidos e aquelas obras ou autoras/es que máis lles gustan. Logo penduramos todas estas recomendacións no corredor do colexio e na biblioteca, ademais de aprender cales son as prendas de roupa tradicionais de Galicia.
Comments