top of page

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

O CEIP Emilia Pardo Bazán é un centro educativo das Etapas de Educación Infantil e Primaria da cidade da Coruña situado no barrio de Labañou - Los Rosales, no distrito 5 da cidade.

Na páxina web do centro podedes obter máis información sobre a vida cotiá e sobre outros proxectos e actividades que se desenvolven.

O equipo de biblioteca encárgase da coordinación do proxecto documental, tratando de fiar todas as actividades comúns entorno ao tema do proxecto, que neste caso é o Patrimonio material e inmaterial de Galicia, ao longo do curso realízanse actividades puntuais e contínuas relacionadas co tema do proxecto. No blog da biblioteca aparecen tamén algunhas das actividades e outras promovidas desde o equipo de biblioteca.

bottom of page