top of page

Concurso "As nosas letras"

Vocabulario e fraseoloxía da lingua galega

No mes das Nosas Letras fixemos un concurso relacionado coa nosa lingua, que como ben sabedes forma parte do patrimonio inmaterial de Galicia, polo que esta actividade forma parte das últimas accións relacionadas co PDI Galeguízate! Cada semana propuxéronse preguntas relacionadas coa lingua, coas palabras, cos seus significados, con fraseoloxía, ditos... As repostas poderedes atopalas tanto nos libros da exposición do proxecto, situados no corredor de entrada do colexio, como nos recursos facilitados polo equipo de teatro e EDLG dentro do vocabulario do Bosque Animado. As clases que participen recibirán como recompensa un lote de pezas de construción Lego que temos dispoñibles na biblioLab.


O concurso abriuse para os grupos de EP e como recompensa haberá un lote de pezas de construción Lego que estarán na aula durante toda a semana. Cada nivel terá un lote (1º-2º-3º-4º-5º-6º), que se adxudicará en función dos seguintes criterios:

1º Número de respostas correctas.

2º Orde de chegada en caso de que haxa o mesmo número de respostas.

3º Grupo que non tivera nunca o lote no caso de igualdade nos puntos anteriores.

No caso de que nun nivel non participase ningún grupo repartirase o lote a un grupo/s doutro nivel, seguindo os criterios anteriores.

댓글


bottom of page