Produto final do Proxecto

O próximo 9 de xuño de 12:30 a 13:30h celebraremos no colexio a Feira Galeguízate!, no que alumnado e profesorado presentarán os traballos de investigación que desenvolveron durante todo o curso relacionados co PDI Galeguízate!, dedicado a aprender sobre o patrimonio material e inmaterial de Galicia.
Co obxectivo de organizar esta xornada de portas abertas coas familias necesitamos coñecer aquelas que acudiredes e o número de persoas que vos acompañarán. Se o número de persoas non excede o previsto a visita será libre, tentando ver todas as experiencias presentadas e non só as das vosas fillas/os. No caso de superar o número previsto realizaranse grupos que irán rotando por cada un dos espazos nos que se expoñerán os traballos do alumnado. No seguinte formulario poderedes inscribirvos, estará aberto ata o venres 2 de xuño ás 23:55h. En caso de querer acudir con posterioridade a esta data haberá que enviar un correo electrónico ao centro (ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.gal) solicitando asistir, non estando garantidas, por motivos de organización, estas prazas.
Comments