Educación Física
O alumnado de 5º a partires do segundo trimestre e dentro da área de Educación Física realizou unha investigación sobre os Xogos Populares e Tradicionais de Galicia.
O proceso que se seguiu foi primeiro organizarse por parellas, para iso utilizaron a plataforma EDIXGAL, a continuación escolleron un dos xogos que aparecían nos fondos bibliográficos da biblioteca. Tras ler a información a transformaron nunha ficha con diferentes apartados que lles deu o mestre. Despois de completala e coñecer o desenvolvemento do xogo o explicaron na clase aos seus compañeiros/as. A última parte era explicar o xogo nun recreo ao resto do alumnado do centro, para iso primeiro elaboraron un cartel de anuncio do xogo (no que aparecía o nome do xogo, o lugar no que se xogaría, a data e os nenos/as que o ían explicar), que distribuíron por todas as clases de Educación Primaria, e un cartel grande para identificar a zona na que se desenvolvería o xogo. O material que se utilizou foi o utilizado nas clases de EF ou o que trouxo o propio alumnado.
Finalmente, algúns destes alumnos/as explicou o xogo na Feira Galeguízate! ás familias e outros fixérono na versión para o resto de compañeiros/as do colexio.