EQUIPO DE TEATRO
Hai xa moitos anos que no Emilia empregamos o teatro como ferramenta pedagóxica para desenvolver todo tipo de competencias e valores no noso alumnado, xa desde Educación Infantil.
Na última década puxéronse en marcha varios grupos que todos os anos preparaban obras destinadas a mellorar aspectos lingüísticos, sociais, artísticos e emocionais de todos os implicados.
Así, os grupos Bubelas, Bubeliñas e Interaulas foron creando unha tradición teatral que se viu interrompida no 2020 pola pandemia. Este ano estamos reiniciando o camiño. En todas as viaxes é bo botar, de cando en vez, a vista atrás para coller folgos. Ver de onde vimos axúdanos a planificar o futuro.
O pasado setembro retomamos o proxecto comezado no 2019: novo elenco e novas ilusións que está previsto culminar coa estrea, prevista o venres 2 de xuño. A meta é importante, pero a andaina aínda o é máis.
Esta é a nosa historia.
Na obra “O bosque animado”, creada polo escritor coruñés Wenceslao Fernández Flórez, adaptada ao teatro escolar pola profesora María Jesús López Vila e actualmente en preparación para ser representada por un grupo de actrices e actores do noso colexio; fálasenos da vida nunha fraga galega.
Queredes coñecer algunhas das personaxes que ides poder ver e/ou escoitar o próximo día 2 da xuño?
Animádevos con este divertido xogo!
Despois dun día moi emotivo como foi o venres e a representación do Bosque Animado, non é posible resumir tanto talento en tan pouco tempo. Simplemente agradecer a todas as actrices e actores, ao equipo de teatro e profes colaboradores, a familias, Chus, Marisol, achegados como Xulio, Juan e o grupo musical Dijo4 e moi especiais a Marta polo inmenso traballo co decorado,
Esta obra vai tamén en recordo para o noso compañeiro José Manuel e a nosa compañeira Chus, eles tamén forman parte deste proxecto, o noso corazón está con vós.