top of page

Avaliación

Coñecer e valorar o patrimonio material e inmaterial de Galicia.
1. Recoñece a importancia da conservación dos bens naturais, culturais e tradicionais.
2. Coñece polo menos dúas prácticas, expresións, saberes ou técnicas tradicionais de Galicia.
3. Coñece polo menos dous recursos físicos naturais ou culturais de Galicia.
Diferenciar entre o patrimonio material e inmaterial.
1. Explica a diferencia entre patrimonio material e inmaterial.
2. Pon polo menos dous exemplos de patrimonio material e outros dous de patrimonio inmaterial.
Coñecer algunhas das construcións máis significativas de Galicia.
1. Coñece polo menos dúas construcións con valor arquitectónico.
2. Coñece os períodos históricos nos que se construíron.
3. Elabora un mapa situando en Galicia estas construcións.
Coñecer obras significativas da cultura galega.
1. Coñece polo menos dous oficios de carácter tradicional de Galicia.
2. Canta e baila obras da música tradicional de Galicia.
3. Nomea a máis de cinco artistas ou escritores/as de Galicia.
4. Realiza unha recompilación da tradición oral de Galicia.
5. Coñece polo menos dúas festas ou celebracións tradicionais de Galicia.

Favorecer a conservación dos recursos naturais.
1. Coñece os ODS2030.
2. Realiza traballos que dean consellos e pautas para o coidado do medio ambiente.
Aprender a respectar as opinións e traballos dos demais.
1. Dialoga en grupo respectando as quendas de palabra.
2. Achega consellos construtivos aos traballos dos demais.

3. Realiza críticas baseadas nos coñecementos adquiridos sobre o patrimonio de Galicia.
Valorar o traballo en equipo.
1. Distribúen funcións entre os integrantes do grupo.
2. Prefire traballar en grupo que individualmente.

Seleccionar información desde un punto de vista crítico.
1. Procura a información seguindo os pasos do guión entregado polo equipo de biblioteca.
2. Cita as fontes consultadas.
3. Elabora os seus traballos dun xeito claro e estruturado.

Preparar exposicións orais e escritas con sentido.
1. Expón o seu traballo ante outras persoas.
2. Prepara un guión para a súa exposición.
3. Expresa as súas ideas e opinións a través de produtos artísticos.

Elaborar diferentes tipos de materiais escritos, dixitais e orais: exposicións, carteis, expresión artística, monografías, receitas, instrucións, escaletas, storyboard, representacións, entre outros.
1. Recóllese todo o traballo documental nun espazo web.
2. Adapta os textos preparados aos esquemas de radio (escaleta) e vídeo (storyboard).
3. Elabora traballos en diversos formatos para expresar as súas ideas.

Fomentar a lectura e consulta de diferentes textos e soportes.
1. Coñece a organización da biblioteca.
2. Realiza procuras na biblioteca en diferentes tipos de recursos (referencia, textos informativos, monografías, entre outras).
3. Realiza procuras de xeito eficiente, seguindo o guión elaborado polo equipo de biblioteca.
4. Coñece as partes dun libro, diferenciando os de ficción dos de non ficción.

bottom of page