top of page
Educación Musical
O folclore tradicional de Galicia forma parte do Patrimonio material e inmaterial da nosa comunidade. O folclore galego é arte en estado puro e un dos máis ricos e mellor conservados do mundo. Forman parte do folclore: as cancións populares, os instrumentos, os bailes, os traxes , agrupacións tradicionais , as cantigas... Ao longo de todo o curso, o alumnado do Ceip Emilia Pardo Bazán, estivo investigando sobre o noso folclore musical e plasmouno nun fantástico mural. Tamén aprendemos algunhas cantigas galegas e elaboramos uns vídeos para amosar o ben que o pasamos cantándoas.

bottom of page