top of page

OBRADOIROS

Produtos que se realizaron a través dos obradoiros desenvolvidos polo equipo de biblioteca durante o curso, no que se realizaron deseños 3D, liña de tempo, animacións e programas que utilizaron a Intelixencia Artificial.

DESEÑO 3D

O obradoiro desenvolveuse co alumnado de 5º de EP na biblioLab durante o segundo e terceiro trimestre:

1.Explicación sobre o que a simboloxía galega, utilizando fondos documentais e webs.

2.Selección do símbolo, despois redacción da información mínima sobre el e debuxo.

3.Explicación do funcionamento do programa Tinkercad.

4.Deseño en tinkercad do símbolo escollido.

5.Impresión con cura na impresora 3D.

6.Depuración dos erros detectados na impresión.

7.Reimpresión do traballo.

8.Comunicación á comunidade educativa.

INTELIXENCIA ARTIFICIAL

O obradoiro desenvolveuse co alumnado de 6º de EP e tivo o seguinte proceso:

1.Explicación sobre o que é a Intelixencia Artificial, exemplificación de onde podemos atopar a IA e probar algunhas das aplicacións en liña que utilizan esta tecnoloxía.

2.Presentación do espazo LearningML.

3.Investigación nos libros e webs información sobre diversos lugares patrimonio material e tamén sobre patrimonio inmateria de Galicial.

4.Elaboración de árbores de decisión e esquemas dos programas.

5.Deseño do programa coa parte de Scratch da web antes mencionada.

6.Proba e adestramento do modelo, depurando erros en cada proceso.

7.Presentación dos traballos á comunidade educativa.

ANIMACIÓNS

Desenvolvéronse en ambos espazos da biblioteca e se estableceron varios momentos:

1.Lectura de lendas previamente seleccionadas.

2.Explicación sobre como ´è o proceso de creación dunha animación e o que é unha storyboard.

3.Transformación da lenda nun cómic/storyboard de 6 viñetas.

4.Explicación do funcionamento da aplicación Toontastic.

5.Creación das seis escenas na aplicación e gravación da narración.

6.Publicación das animacións.

7.Presentación do traballo á comunidade educativa.

LIÑA DE TEMPO

Esta actividade seguiu os seguintes pasos:

1.Explicación sobre o que o patrimonio material e inmaterial de Galicia.

2.Selección dun lugar patrimonio material ou dunha persoa significativa na historia de Galicia, prestando especial atención ao papel das mulleres.

3.Procura de información nos fondos bibliográficos e nas webs seleccionadas previamente e resumilas nuhas fichas de información entregadas.

4.Explicación do que é unha liña de tempo, do funcionamento da aplicación Chatterpix e de como procurar imaxes con licenza CC.

5.Procura dunha imaxe da personaxe ou lugar escollido.

6.Transformación da información nun vídeo coa personaxe falando coa aplicación Chatterpix.

7.Publicación dos vídeos.

8.Creación da liña de tempo física no patio do colexio e dixital (profesorado).

9.Presentación do traballo á comunidade educativa.

BAILE GALEGO

Dentro das actividades do PDI deste curso, "Galeguízate", organizamos un obradoiro de baile galego tradicional dirixido ao alumnado de 5º de Primaria. O baile existíu dende sempre en Galicia, igual que en todos os lugares do mundo: bailar era o xeito relacionarse cos demais, de transmitir tradicións e costumes, de desfrutar e pasalo ben. Está asociado á música e ao canto e forma parte da nosa esencia, das nosas raíces, dos nosos sinais de identidade. Por iso, a danza forma parte do patrimonio cultural inmaterial. Pois ben, 6 alumnos e alumnas de 5º foron os encargados de explicarlles aos seus compañeiros/as a orixe do baile galego, onde e cando se bailaba e que tipos había. Asemade, fixeron unha pequena demostración dos bailes soltos, dos agarrados, das danzas e, por último, fixeron bailar a todos e todas con varios bailes-xogo. Lede o resultado do proxecto e botádelle unha ollada a esta presentación e veredes!

baile.jpg
bottom of page