Festas de Galicia
A sociedade para a recuperación do Entroido de Samede visita o noso colexio para facer partícipes ao alumnado da importancia das tradicións e da celebración do Entroido en Galicia.
As nenas/os de 6ºC fixéronlles unha entrevista na que coñecemos máis polo miúdo o seu labor e despois tiveron un encontro con todo o alumnado de 6ºEP, que ten como centro de interese durante este trimestre as diferentes celebracións do Entroido en Galicia.
Visitáronnos Paulo e Jacinto, membros da comunidade educativa do colexio ao ser pais de alumnos, que ao ser de Verín explicaron como é o desenvolvemento da festa, os rituais e diversas características deste entroido tan característico e sonado de Galicia.
Comentários