Investigación desde a biblioteca
Esta semana comezaron os obradoiros do PDI Galeguízate!, que se desenvolven nos espazos da biblioteca, para tratar de achegarnos, a través de diversos recursos ao patrimonio material e inmaterial de Galicia.
Deste xeito, o alumnado dos cursos de Educación Infantil e Primaria poderán coñecer algún concepto básico de Intelixencia Artificial, iniciarse no deseño 3D, aprender a manexar, comprender a linguaxe audiovisual e familiazarse coa elaboración de liñas de tempo, ao mesmo tempo que se obtén información sobre lendas, sobre tradicións e diverso patrimonio cultural de Galicia. Sempre desde unha perspectiva de traballo en equipo e de compartir a información cos demais.
Comments