top of page

O patrimonio de Galicia pola radio

Obradoiros con Laboratorio de Radio

Presentamos os podcast que realizou o alumnado e profesorado dos grupos de 4º e 5º de EP xunto co equipo de Laboratorio de radio, grazas á colaboración de Axuda en Acción e ao programa Radio na Biblio. Atoparedes moitos datos e curiosidades sobre o patrimonio material e inmaterial de Galicia, a través da información que foron recollendo e nas entrevistas que desenvolveron coas diferentes convidadas/os que se achegaron ao estudio de Emilia na Onda. Este curso ademais desenvolveron algunhas das entrevistas no museo MUNCYT da Coruña, ao cal agradecemos a súa acollida.


Este traballo coa radio como medio serviulle ao alumnado para desenvolver o traballo en equipo, diversos contidos do currículo das diferentes áreas, procurar información, analizala, transmitila, pero sobre todo para gozar facendo radio xuntos desde o colexio. Grazas a todas as persoas convidadas que colaboraron no desenvolvemento destas pezas e parabéns para o alumnado, profesorado e ao equipo de Laboratorio de radio.

O alumnado de 4ºA aprendeu sobre a Torre de Hércules coa entrevista a Ana Santorum (Directora da Torre de Hércules) e tamén traballou coa súa imaxinación. Tamén estiveron con Manuel Mosquera (Responsable de difusión do Museo de Belas Artes da Coruña) para aprender máis sobre o patrimonio cultural de Galicia.



O alumnado de 4ºB aprendeu sobre o Castro de Elviña, entrevistando a Ana Martínez (Responsable do Museo Arqueolóxico da Coruña). O oficio de pescador tamén se achegou ao estudio a través José Manuel Martínez (responsable de máquinas nun barco pesqueiro), pai dun alumno do centro.



O alumnado de 4ºC achegouse ao patrimonio por medio da entrevista a Carmen Toba, membro da Asociación para a defensa do Patrimonio Galego (APATRIGAL) e Susana Martínez, xefa de produción do programa da TVG "Cos pés na terra".



O alumnado de 5ºA aprendeu sobre a tradición oral e os oficios tradicionais de Galicia coas entrevistas a Concha Losada, presidenta do Museo do Pobo Galego, e a Juan Casas, membro da Asociación Galega de Artesáns.



O alumnado de 5ºB achegouse ao patrimonio oral e aos xogos populares e tradicionais xunto con Abilio e Antonio, bisavó e avó de alumnos/as do colexio, e Paco Veiga, presidente da Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional.



O alumnado de 5ºC familiarizouse co patrimonio material e inmaterial por medio das entrevistas a Paulo, pai dun alumno do colexio, sobre o Entroido de Verín e a María Viña, xefa de sección do MUNCYT, que falou de diversos aspectos do museo.




Entradas Recientes

Ver todo

Concurso "As nosas letras"

Vocabulario e fraseoloxía da lingua galega No mes das Nosas Letras fixemos un concurso relacionado coa nosa lingua, que como ben sabedes...

Comments


bottom of page