top of page

Mes da ciencia en galego

A ciencia Patrimonio de Galicia

Exposición de libros sobre ciencia nos expositores da zona exterior.
Zona exterior da biblioteca

Empeza novembro e, como cada curso, comezamos a celebrar o mes da ciencia en galego. A Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vén impulsando esta celebración nas propias bibliotecas desde hai xa uns anos con diversas actividades. Este curso o manifesto co que dar visibilidade a esta conmemoración está escrito por José Manuel Castro Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC, con investigacións relacionadas co cáncer. Desde a biblioteca retomamos os VenreXperimentos, e cada venres deste mes o alumnado de 1ºEP acudirá á biblioLab para aprender e investigar sobre a refracción da luz.Xa están expostos na entrada da biblioteca obras relacionadas coa ciencia, desde libros nos que aprender a facer experimentos, biografías de científicas, libros nos que aprender sobre mediciña, programación, física, química...


Tamén tedes as nosas recomendacións na web do catálogo en Koha, no que hai unha selección de obras relacionadas coa ciencia:


Adiante coa ciencia!

Entradas Recientes

Ver todo

Concurso "As nosas letras"

Vocabulario e fraseoloxía da lingua galega No mes das Nosas Letras fixemos un concurso relacionado coa nosa lingua, que como ben sabedes...

Comments


bottom of page