A música galega
Visitounos Cristina Pato, música, escritora, educadora e produtora, para falar co alumnado de 5º e 6º de EP sobre a súa experiencia nos Estados Unidos en relación coa música, tamén das súas experiencias como emigrante. O encontro desenvolveuse en inglés como parte das actividades relacionadas co PDI Galeguízate! (Galicianise yourself) desde o área de lingua inglesa.
Aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevista que guiou o alumnado de 6ºEP.
Nesta entrevista atoparedes moita información sobre o patrimonio que vos axudará nas vosas investigacións, dentro do PDI Galeguízate!, sobre o patrimonio material e inmaterial de Galicia.
Animádevos a practicar o voso inglés!
Comments