top of page

Compartimos Galicia

Visita do alumnado de 5ºEP do CEIP Bergantiños (Carballo)

O pasado venres 5 de maio visitou o noso centro o alumnado de 5ºEP do CEIP Bergantiños (Carballo). Neste encontro que compartiron co alumnado de 5º e 6º de EP diversas actividades que se realizaron na biblioteca e nunha aula de 6º de EP.


A xornada discurriu de foma que os 80 alumnos/as do centro que nos visitaba organizáronse en tres grupos que foron pasando por cada un dos tres obradoiros que dirixiron, coa a axuda das mestras, nenos/as de 5º e 6º do noso colexio.

Na biblioLab a mestra Rosa preparou unha escaleta de programa especial que se encargaron de conducir tanto nos micros como na mesa de control alumnado do grupo C de 6º de EP. Así foron pasaron todos os nenos/as do CEIP Bergantiños e como produto xurdiu este podcast:


Na biblioLab a mestra María preparou co alumnado dos tres grupos de 5º de EP un obradoiro de deseño 3D, no que cada neno/a do outro colexio deseñou un trisquel, aproveitando o noso PDI Galeguízate! que desenvolvemos durante este curso. Durante estes meses iremos imprimindo para logo envialos a Carballo, estes son algúns deseños.







Entradas recientes

Ver todo

Concurso "As nosas letras"

Vocabulario e fraseoloxía da lingua galega No mes das Nosas Letras fixemos un concurso relacionado coa nosa lingua, que como ben sabedes forma parte do patrimonio inmaterial de Galicia, polo que est

bottom of page