Encontro con Xesús Fraga
Hoxe, 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non violencia e a Paz, no que, ademais das diversas propostas que xurdiron desde o EACE e EDLG, quixemos promover a influencia que tivo en Galicia a emigración, no que, por motivos de guerra, económicos, entre outros, moita poboación tivo que abandonar a súa terra, como actualmente sucede noutros países ou rexións do planeta. Podedes ler algunhas das "Historias de ida e volta" do Consello da Cultura Galega.
Fixemos un álbum de fotos dos emigrantes do noso colexio, no que a través dun chroma fomos integrando ao alumnado participante nas imaxes da emigración real, aquií tedes o resultado.
Ademais da exposición de fondos relacionados co tema para todas as idades, o alumnado recreou diversas imaxes relacionadas coa emigración nas que tiveron que integrarse tanto nas emocións que se transmitían nelas como na indumentaria. Nesta entrada iranse publicando as fotografías que se vaian realizando.
Recibimos na biblioteca ao Premio Nacional de Literatura Xesús Fraga, que nos falou de primeira man do que supuxo e do que supón a emigración en Galicia. O alumnado de 6ºEP fíxolle unha entrevista no estudio de radio de Emilia na Onda.
Comments