top of page

Visita virtual á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán

  • Writer: bibliotecaepb
    bibliotecaepb
  • Mar 10, 2021
  • 1 min read

Updated: May 12, 2021

Vídeos elaborados coa colaboración de Xulia, directora, e Patricia, coordinadora educativa, da Casa-Museo.



O Proxecto Documental Integrado "Paseando con Emilia" tiña que ter unha parada obrigatoria na casa da autora coruñesa, pero debido á pandemia coa que estamos a convivir non é posible que todos os nenos/as do noso centro acudisen durante este curso, pero non nos resignamos a que o alumnado do colexio se perdese a visita a Casa Museo Emilia Pardo Bazán.


Xulia Santiso e Patricia Angulo, directora e educadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, prepararon unha visita moi especial para vós na que vos amosarán o fogar de Emilia e na que vos darán detalles sobre a súa vida e sobre algúns aspectos destacados do s.XIX. Agradecémoslles toda a súa axuda e colaboración no desenvolvemento deste proxecto. O luns ás 10h. todas as aulas do colexio visitaron de xeito virtual a casa na que naceu a protagonista do proxecto de investigación deste curso.



Deixamos dúas versións para que escollades a máis axeitada á vosa idade. Lembrámosvos que a Casa Museo segue aberta. O horario pola mañá, de luns a venres, é de 9:00 - 14:45h. e pola tarde, de luns a xoves, de 16:00 - 20:00h. Se queredes visitala coas vosas familias podedes concertar as citas ben por teléfono (981 20 73 08) ou ben por correo electrónico (casamuseoepb@academia.gal).


VERSIÓN DE PATRICIA

VERSIÓN DE XULIA

 
 
 

Comments


Licenza CC BY-NC-SA

CC BY NC SA 2021 by BIBLIOTECA EPB con Wix.com

bottom of page