top of page

AVALIACIÓN

Indicadores

A) Coñecer e valorar a Emilia Pardo Bazán como escritora e muller no seu tempo.

a1. Coñece a profesión de EPB.

a2. Coñece o labor de EPB en favor da igualdade.


B) Coñecer o mundo a través das súas viaxes.
b1. Coñece polo menos tres cidades ou puntos da xeografía que visitou ou viviu EPB.

b2. Elabora un rueiro da Coruña con puntos relevantes na vida de EPB.

b3. Relaciona as zonas dun mapa antigo da Coruña coa actualidade.

C) Coñecer acontecementos históricos a través da figura de Emilia Pardo Bazán.

c1. Coñece polo menos dous acontecementos importantes na historia durante a vida de EPB.

c2. Realiza unha liña temporal con fitos históricos.

D) Favorecer o recoñecemento das mulleres ao longo da historia.

d1. Sinala no rueiro mulleres representadas e o seu mérito.

d2. Coñece o labor de polo menos tres mulleres galegas ao longo da historia.

E) Aprender a respectar as opinións e traballos dos demais.

e1. Dialoga en grupo respectando as quendas de palabra.

e2. Achega consellos construtivos aos traballos dos demais.

e3. Realiza críticas baseadas nos coñecementos adquiridos sobre a autora e o momento histórico.

F) Valorar o traballo en equipo.

f1. Distribúen funcións entre os integrantes do grupo.

f2. Prefire traballar en grupo que individualmente.

G) Seleccionar información desde un punto de vista crítico.

g1. Procura a información seguindo os pasos do guión entregado polo equipo de biblioteca.

g2. Cita as fontes consultadas.

g3. Elabora os seus traballos dun xeito claro e estruturado.

H) Preparar exposicións orais e escritas con sentido.

h1. Expón o seu traballo ante outras persoas.

h2. Prepara un guión para a súa exposición.

I) Elaborar diferentes tipos de materiais escritos, dixitais e orais: exposicións, carteis, monografías, receitas, instrucións, escaletas, storyboard, representacións, entre outros.

i1. Recóllese todo o traballo documental nun espazo web.

I2. Adapta os textos preparados aos esquemas de radio (escaleta) e vídeo (storyboard).

J) Fomentar a lectura e consulta de diferentes textos e soportes.

j1. Coñece a organización da biblioteca.

j2. Realiza procuras na biblioteca en diferentes tipos de recursos (referencia, textos informativos, monografías, entre outras).

j3. Realiza procuras de xeito eficiente, seguindo o guión elaborado polo equipo de biblioteca.

Enquisa ás familias

bottom of page