top of page

Visita virtual á Biblioteca de Estudos Locais

  • Writer: bibliotecaepb
    bibliotecaepb
  • Jul 3, 2021
  • 1 min read

As pegadas de Emilia Pardo Bazán nas bibliotecas municipais.


As clases de Educación Primaria visitaron a Biblioteca de Estudos Locais a través do vídeo que gravaron as bibliotecarias da Biblioteca Municipal de Los Rosales, coa colaboración da directora, Mª Milagros García, e o equipo de traballo da Biblioteca de Estudios Locais. Nesta visita poderedes coñecer os espazos, os recursos e algunha das obras que teñen de Emilia Pardo Bazán e de Marineda.


Agradecemos a colaboración de todo o equipo das Bibliotecas Municipais por achegarnos o seu traballo.


Deixamos o vídeo co que fixemos a visita e que compartiron con nós desde a Biblioteca Municipal Los Rosales.




 
 
 

תגובות


Licenza CC BY-NC-SA

CC BY NC SA 2021 by BIBLIOTECA EPB con Wix.com

bottom of page