CONCURSO
Cada semana publicaranse varias preguntas relacionadas con Emilia Pardo Bazán e tamén coa época na que viviu. As respostas estarán na selección de recursos dixitais elaborada polo Equipo de biblioteca, aínda que tamén faciliatremos ligazóns para que atopedes as respostas a cuestións relacionadas coa escritora coruñesa. Cada luns publicaranse no blog da biblioteca as respostas da anterior semana.
As clases que participen recibirán como recompensa algúns dos recursos que temos dispoñibles na biblioLab. Aquelas que respondan correctamente de xeito máis rápido serán as primeiras en escoller os recursos, que permanecerán toda a semana (luns a venres) na aula. As respostas enviaranse a través deste formulario, que estará aberto cada semana ata o xoves ás 14h. No formulario escolleranse 3 lotes por orde de preferencia. O venres publicaranse os lotes adxudicados a cada aula. Se algunha clase quedase sen o lote preferido e houbese lotes sen dar, desde o equipo de biblioteca ofreceremos os lotes libres segundo a orde inicial de respostas.
Os recursos dispoñibles son:
- Lote de 3 Ipads
- Lote de Mesa de luz con recursos para utilizar con ela.
- Lote de Pezas Kapla.
- 4 lotes de caixas de Lego.
- Lote 1 xogos de mesa: Xadrez, Dobble, Story cubes classic, Triminós.
- Lote 2 xogos de mesa: Tripolo, Alto voltaje, Palabrea, Clonación.
- Lote 3 xogos de mesa: Cross dices, Little action, ABC dring, Crazy food, ¡Wauu!
- Lote 4 xogos de mesa: Halli Galli Party, Story cubes classic, Bla Bla Bla, Ti non es de aquí?
- Lote 5 xogos de mesa: Historia mundial, Story cubes actions, Ikonikus, Speed cups.
- Bloques GIGI: pezas de cartón.
- Quebracabezas tridimensionais (tipo Rubik)
A titora recollerá o material o luns e o levará a súa clase. O venres devolveranse desinfectados os materiais, que permanecerán en repouso todo o fin de semana ata a seguinte entrega, co obxectivo de manter as normas establecidas no protocolo COVID.