top of page

"LETTERS TO GABRIELLe" (6ºA)

Neste panel os nenos/as de 6ºA preséntannos o lado feminista de Emilia Pardo Bazán. Indagando na suá amizade por correspondencia con Gabriela Cunningham Graham e o seu convite para que formara parte da Liga das Mulleres, creada pola sufraxista Emmeline Pankhurst.

Dividido en 3 columnas, a primeira recolle as ideas de Emilia Pardo Bazán con respecto ao papel das mulleres, a segunda céntrase na figura de Gabriella Cunninghame e a terceira explica en que consistía o movemento sufraxista británico.

"emily and the ghost" (6ºB)

Neste panel os nenos/as de 6ºB céntranse no relato de EPB "El engaño" ("The deception"), que conta a historia dunha aristócrata británica que vén á Coruña para visitar o lugar onde morreu Sir John Moore. Isto nos dá pé a investigar quenes eran Sir John Moore e Lady Hester Stanhope, e cando e por que tivo lugar a batalla de Elviña.

"our emilY: A biography" (6ºC)

Neste panel os nenos/as de 6ºC presentan unha pequena biografía de Emilia Pardo Bazán, presentado coma unha liña do tempo, na que  se destacan os fitos máis salientables da súa vida e obra.

bottom of page