top of page

Paseando con Emilia feminista

  • Writer: bibliotecaepb
    bibliotecaepb
  • Mar 10, 2021
  • 1 min read

Updated: May 12, 2021

Actividades relacionadas coa celebración do 8M



O 8 de marzo celebrouse o Día da muller e desde a Biblioteca programamos durante esa semana unha serie de propostas que promovan o papel da muller.


Como ben sabedes xa, Emilia foi unha escritora que reclamou a maior importancia da muller na sociedade do s.XIX e de principios do s.XX, xunto con outras mulleres contemporáneas.


Algunhas delas están no rueiro da Coruña e doutras cidades, por este motivo queremos propoñervos esta actividade na que teredes que percorrer as rúas da cidade para atopar esas que teñen nomes de muller, investigar quen foron e o motivo da súa relevancia. Despois de visitar a rúa podedes tirar unha foto nela, de xeito que saia a placa co nome, non é necesario que saia a vosa cara. As fotos podedes imprimilas e entregarllas á vosa titora ou a algunha mestra/e do equipo de biblioteca, se preferides podedes enviala ao correo electrónico bibliotecaepb@gmail.com

Esta é a proposta completa, pero podedes adaptala e realizar só aquelas partes que consideredes máis accesibles. Acompañamos a descrición da actividade dun esquema textual para a realización dunha biografía, por se vos serve de axuda.

Documentación



 
 
 

Comments


Licenza CC BY-NC-SA

CC BY NC SA 2021 by BIBLIOTECA EPB con Wix.com

bottom of page