top of page

Paseando co EscornaEmilia

  • Writer: bibliotecaepb
    bibliotecaepb
  • Mar 10, 2021
  • 1 min read

Updated: May 12, 2021

Xogo para o aprender sobre Emilia Pardo Bazán e traballar o pensamento computacional co escornabot.



Dona EscornaEmilia sairá pasear polas clases do colexio a través deste xogo que preparamos para fomentar o coñecemento da escritora coruñesa e incentivar a curiosidade e as gañas de coñecer máis sobre a autora, centro de interese do PDI Paseando con Emilia. Ademais, pretendemos introducir o pensamento computacional a través da utilización dos escornabots nas aulas de 6º de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria, xa que o material está preparado para estas idades.

Este traballo está baseado nos libros de Escornactividades de Rubén Molinero, no que desenvolve distintas temáticas para o traballo na aula.

Agradecemos a colaboración de Xulia e Patricia, traballadoras da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, por todo o apoio e asesoramento na realización deste traballo, que é posible grazas ao traballo da comunidade que sustenta e desenvolve o proxecto Escornabot.

O kit está composto por un escornabot, un taboleiro de 4X6 cadros, un libro cos diversos retos de pensamento computacional, as fichas para elaborar o código e as tarxetas para colocar no taboleiro e no libro. O material, excepto o taboleiro, está no documento que compartimos a continuación. Aclarar que este libro estará en permanente actualización durante o curso, xa que se sumarán retos e se enriquecerá a información contida a medida que o alumnado coñeza máis os distintos aspectos relacionados con Emilia Pardo Bazán.


Documentación



 
 
 

Commentaires


Licenza CC BY-NC-SA

CC BY NC SA 2021 by BIBLIOTECA EPB con Wix.com

bottom of page