top of page

Concurso de deseño

  • Writer: bibliotecaepb
    bibliotecaepb
  • Mar 10, 2021
  • 2 min read

Updated: May 12, 2021

Proposta que se realiza á comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán para a escolla do logotipo do colexio



As bases do concurso publicáronse na web do centro para a elaboración dun logotipo para o colexio, como unha das primeiras actividades que desenvolvemos enmarcada no PDI Paseando con Emilia, a través do cal queremos resaltar o valor da escritora galega.

Como ben sabedes, o noso centro non ten imaxe ou logotipo que o identifique, por este motivo promóvese un concurso de ideas entre o alumnado para seleccionar un logotipo que sirva para identificarnos.


Transcribimos as bases para que coñezades as normas de participación.


A imaxe deberá ter estas características:

Terá algunha referencia a Emilia Pardo Bazán.

Incluirá o texto CEIP Emilia Pardo Bazán (se se fai a man a fonte escolleraa o equipo de valoración)

Colores principais (a combinar co branco ou o negro): Laranxa (Se o facedes dixital: Código RGB: E26931 - Flame) e Azul (Se o facedes dixital: Código RGB: 2176AE - Star comand blue)


Haberá un Equipo de valoración que determine a imaxe seleccionada, estará formado por membros do consello escolar:

Equipo directivo

Representantes do profesorado

ANPA Milnenos

Representantes de nais/pais (que non teñan fillos/as concursando)


Consellos:

Pensade na escritora e na relación do colexio co barrio.

Podedes crealos de xeito dixital, para o que podedes utilizar estas páxinas:


https://logotypemaker.com/


https://www.onlinelogomaker.com/logomaker/?lang=es


O prazo de recepción das obras será o venres 11 de decembro. A obra seleccionada anunciarase o 22 de decembro. Se o facedes en papel teredes que entregalo ao voso titor/a, no caso de facelo de xeito dixital podedes envialo a bibliotecaepb@gmail.com

O logotipo escollido foi o que aparece na imaxe, elaborado por dúas alumnas de 3º de E.P. e a súa familia.

 
 
 

Comments


Licenza CC BY-NC-SA

CC BY NC SA 2021 by BIBLIOTECA EPB con Wix.com

bottom of page