top of page

ACTIVIDADES EN LIÑA

Writer: bibliotecaepbbibliotecaepb

Updated: May 12, 2021

O Seminario Galán, en colaboración con docentes, alumnado e EDLG do centro, elaboraron estas actividades interactivas dirixidas a nenas/os da Etapa de Educación Infantil e primeiros cursos de Educación Primaria.

Aprende e xoga

A través do percorrido establecido polas preguntas iremos descubrindo distintos aspectos relativos á vida, familia e obra da escritora coruñesa. O alumnado ao que está dirixida esta actividade é da Etapa de E.I. e de 1º e 2º de E.P., aínda que se tedes máis anos podedes comprobar o que sabedes sobre Emilia Pardo Bazán.

"O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), constituiuse no curso escolar 1997-98...

A partir do curso 2002/2003 as actividades do Seminario centráronse na elaboración de materiais relacionados co Día das Letras Galegas e o escritor homenaxeado cada ano.

Este traballo, inicialmente limitado a un traballo de recopilación biográfica e de estudo da época de cada escritor, foise enriquecendo co paso dos anos coa elaboración de actividades orientadas aos alumnos de Educación Infantil e Primaria para realizar sobre papel impreso, e a partir do curso 2006/2007 tamén actividades en liña empregando soportes como Jclic, Edilim ou Ardora." Fonte: http://seminariogalan.org

 
 
 

Comments


Licenza CC BY-NC-SA

CC BY NC SA 2021 by BIBLIOTECA EPB con Wix.com

bottom of page