top of page
  • Writer's picturebibliotecaepb

Actividades no Día da Paz

Updated: May 12, 2021

"Detesto a violencia..." E.P.B.


Conmemoración do Día Escolar da Non violencia e a Paz. Neste compromiso do mundo educativo cos valores que rexeitan todo tipo de violencia e as guerras. Por isto solicitamos desde o noso espazo educativo o abandono das armas e a utilización do diálogo como estratexia para a solución dos conflitos e das diferencias que poidan xurdir entre as persoas. Nestes momentos de pandemia que estamos a vivir cremos que é máis necesario que nunca un firme compromiso da humanidade a prol do final da violencia, que favorece a desigualdade e incrementa o desamparo dos máis febles.


Celebramos e reivindicamos no colexio todos estes valores, dentro das posibilidades que nos deixan estes momentos tan duros, pero agardamos ser capaces de que o alumnado comparta e difunda as palabras que Emilia Pardo Bazán escribía con motivo da I Guerra Mundial: "Destesto a violencia (...), porque a solución de toda contenda confíase á forza".

"Detesto a violencia (...), porque a solución de toda contenda confíase á forza"

Desde o equipo de biblioteca contribuímos cunha exposición de libros relacionados coa temática da celebración. Atoparedes libros de ficción e informativos axeitados para todas as idades. A nosa entrada está ambientada para lembrar a importancia desta data.


Queremos tamén dar pulo a unha das iniciativas encadradas dentro do PDI "Paseando con Emilia", como é a liña do tempo de Emilia Pardo Bazán, na que iremos recollendo distintos acontecementos históricos que aconteceron nos 70 anos de vida da escritora coruñesa. Desgraciadamente durante a súa vida tivo que ser testemuña de numerosos episodios de violencia, tanto no seu país, como a nivel internacional, de feito foi corresponsal e opinou sobre distintos conflitos armados.


A liña do tempo comezou con dúas datas significativas 1851 e 1921, datas do nacemento e morte da creadora de Marineda.

2 views0 comments
bottom of page