top of page
Buscar
bibliotecaepb

Visita das cientíifcas do Oceanográfico

Con motivo de "Novembro mes da ciencia en galego" visitáronnos Carlota e Ángeles para ensinarlle ao alumnado de 4º de EP o labor que se desenvolve no Oceaneográfico, ver algúns dos intrumentos que se utilizan e aprender sobre a figura de Ángeles Alvariño, dentro do programa La vida marina al microscopio.

O xoves 4 de novembro achegáronse ao noso centro as científicas co Oceanográfico: Ánxeles e Carlota, acompañadas por Miriam, que fixo de “Lazarillo” por coñecer xa o noso cole.










O alumnado de 4º de EP foi o afortunado que asistiu ao obradoiro dirixido por elas.

Neste obradoiro, as mencionadas científicas, explicaron e amosaron imaxes do seu traballo: de como recollían as mostras no mar para despois analizalas, das cadeas alimentarias que se dan no mar, da contaminación dos mares, de como esa contaminación pode chegar aos nosos estómagos....


Ao remate do obradoiro, o alumnado puido mirar, ao microscopio, mostras do fitoplancton e do zooplancton.







As sesións foron moi amenas e estivemos moi interesados e interesadas e fixemos moitas preguntas.



MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!!!!

Entradas Recientes

Ver todo

Comentarios


bottom of page