Experimentos relacionados cos mares e océanos
Os VenreXperimentos son experiencias relacionadas co mar que desenvolvimos cada mes para tomar conciencia da acidificación dos océanos, dos motivos polos que se produce, desde cando sufren este problema e as consecuencias sobre a vida.
Comezamos no mes de novembro, mes da ciencia en galego aprendendo sobre a refración:
No mes de decembro realizamos a postal de Nadal on algún motivo mariño con circuítos en papel:
No mes de xaneiro, tras as vacacións, retomamos os VenreXperimentos coa experiencia para tomar conciencia da acidificación dos océanos, dos motivos polos que se produce, desde cando sufren este problema e as consecuencias sobre a vida.
No mes de febreiro realizouse o experimento no que se descubre o que é a tensión superficial a través de facer que un peixe nade na cubeta de auga preparada. A tensión superficial consiste en que os líquidos forman na superficie unha membrana elástica, unha especie de "pel". Con este experimento romperemos esta membrana e provocará que o noso peixe comece a nadar.
En marzo, vimos como inflúe a temperatura da auga na súa densidade e para comprobalo realizamos un experimento no que reproduxemos un volcán submariño.
Rematamos no mes de maio utilizando auga salgada (do mar ou misturando auga da billa con sal), xunto con outros materiais, para producir enerxía, igual que o fan as baterías que podedes comprar en calquera tenda. Introduxemos o concepto de electrolito entre o alumnado.
Nesta actividade traballamos os ODS4, ODS6, ODS7, ODS11, ODS12, ODS13 e ODS14.
Commentaires