Como o fixemos?
Os tres grupos de 5º de Primaria tamén se uniron ao PDI deste curso 2021-2022 a través da área de Lingua Inglesa. Estas foron las actividades realizadas:
1º TRIMESTRE:
Primeiro de todo, traducimos o nome do proxecto “Mergúllate” ao inglés. Despois de moitas propostas este foi o título gañador: “Dive in the deep blue sea”.
E empezamos a traballar o mar a través da poesía. Coñecemos a figura de Emily Dickinson e, seguindo os seus pasos, creamos os “envelope poems”, poemas sobre o mar escritos en sobres. Para facelo, primeiro traballamos o vocabulario do mar a través dun mapa mental.
2º TRIMESTRE:
No segundo trimestre investigamos as máis extrañas criaturas mariñas, aquelas que chegaron a nós a través de lendas ou mitos, coma o Kraken, o Megalodón, as sereas… Unha vez feita a recompilación, pasamos a describilas en inglés.
E para non deixar de lado a poesía, traducimos un poema de Xabier Seoane que fala de A Coruña ao inglés, “The town of the sea”, e aproveitamos para describir a nosa cidade, tan vencellada ao mar.
Ademais, no clube de lectura lemos “Atlantis, the lost city”, o que nos deu pé a indagar sobre esta cidade mergullada.
3º TRIMESTRE:
No derradeiro trimestre do curso, lemos unha novela titulada “The lighthouse ghost”, na que se fala dos faros, dos piratas e da contaminación mariña. Así que traballamos eses tres temas en inglés..
Por último, durante todo o curso desenvolvimos un programa de radio, “The Book Nook”, onde había unha sección dedicada ao PDI. Nela fomos recollendo e expoñendo todas as nosas pescudas e creacións.
Asemade, publicamos dous números dunha audio-revista “Our English Mag”, o último dos cales foi unha edición especial, dedicada enteiramente ao mar.