top of page

AVALIACIÓN

Analizamos os indicadores dos diversos obxectivos que planeamos no comezo do proxecto, en cor verde están os acadados, en laranxa os acadados parcialmente e en vermello os que non acadamos.

Picando no botón accédese ás enquisas realizadas polas familias e profesorado.

Indicadores

Coñecer e valorar a conservación da vida nos océanos.

a1. Coñece a fauna e flora mariña.
a2. Coñece os ODS 2030.
a3. Valora os comportamentos positivos co medio ambiente, en concreto nos mares e océanos.

Coñecer as diversas profesións relacionadas co mar.

b1. Coñece polo menos tres profesións relacionadas co mar.

b2. Coñece e valora o papel das mulleres nas profesións relacionadas co mar.

Coñecer a evolución e as persoas que exploraron os océanos.

c1. Coñece a evolución da Terra desde a prehistoria ata a idade contemporánea.
c2. Coñece polo menos a biografía de tres persoas que exploraron os mares e océanos ao longo da historia.
c3. Coñece os medios de transporte e tecnolóxicos que utilizaron os exploradores ao longo da historia.
c4. Coñece as diferencias entre os mares e os océanos.

Favorecer o respecto polo medio ambiente.

d1. Elabora polo menos dúas recomendacións para o coidado do medio ambiente.
d2. Elabora un artefacto dixital para concienciar no coidado dos mares e océanos.

Aprender a respectar as opinións e traballos dos demais.

e1. Dialoga en grupo respectando as quendas de palabra.
e2. Achega consellos construtivos aos traballos dos demais.
e3. Realiza críticas baseadas nos coñecementos adquiridos sobre os mares e océanos.

Valorar o traballo en equipo.

f1. Distribúen funcións entre os integrantes do grupo.
f2. Prefire traballar en grupo que individualmente.

Seleccionar información desde un punto de vista crítico.

g1. Procura a información seguindo os pasos do guión entregado polo equipo de biblioteca.
g2. Cita as fontes consultadas.
g3. Elabora os seus traballos dun xeito claro e estruturado.

Preparar exposicións orais e escritas con sentido.

h1. Expón o seu traballo ante outras persoas.
h2. Prepara un guión para a súa exposición.
h3. Expresa as súas ideas e opinións a través de produtos artísticos.

Elaborar diferentes tipos de materiais escritos, dixitais e orais: exposicións, carteis, expresión artística, monografías, receitas, instrucións, escaletas, storyboard, representacións, entre outros.

i1. Recóllese todo o traballo documental nun espazo web.
i2. Adapta os textos preparados aos esquemas de radio (escaleta) e vídeo (storyboard).
i3. Elabora traballos en diversos formatos para expresar as súas ideas.

Fomentar a lectura e consulta de diferentes textos e soportes.

j1. Coñece a organización da biblioteca.
j2. Realiza procuras na biblioteca en diferentes tipos de recursos (referencia,         textos     non ficción, monografías, entre outras).
j3. Realiza procuras de xeito eficiente, seguindo o guión elaborado polo equipo de biblioteca.
j4. Adquire vocabulario propio do mar.

bottom of page