O comezo do proxecto comezou coa chegada de diversos obxectos que proviñan da 2ª Gran limpeza dos fondos mariños que se realizou, a iniciativa do Festival Mar de mares, o domingo 26 de setembro entre a Dársena e o Castelo de San Antón (A Coruña).
A través desta acción quixemos iniciar o Proxecto Documental Integrado (PDI) deste curso, que se chama "Mergúllate!" e que estará adicado á investigación sobre diversos aspectos sobre os mares e océanos. Terán especial importancia os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable 2030 (ODS2030). O número 14 fai mención directa á vida submarina e á conservación dos mares e océanos e os recursos mariños, pero ao longo do curso iremos coñecendo moitos deles a través de diferentes actividades.
Na carta que acompañaba o obxecto provinte de mar se propoñían dúas actividades. Primeiro unha reflexión sobre o tema e que procuraba que houbese un diálogo na aula que suscitase o interese polo tema. Estas serán recollidas nestes paneis que nos servirán para o comezo da nosa investigación.
A segunda actividade que se propuxo foi darlle unha imaxe ao proxecto para identificar todas as actividades que poidamos facer no colexio. Necesitamos das vosas ideas, escolleremos a que mellor identifique o tema e os valores de coidado do medio ambiente e respecto pola natureza. Na carta dámosvos unhas pequenas indicacións e consellos. Todas as vosas achegas publicaranse no blog. Animádevos! Tamén temos expostos no corredor de entrada fondos informativos e fondos de ficción relacionados co tema para axudarvos a poder iniciar as vosas procuras de información. Comezamos un novo PDI!
Comments