top of page
Buscar
  • bibliotecaepb

Exposición do estudo do noso mar

O mestre José Manuel Robles, titor de 6ºEP, montou unha exposición moi detallada sobre a vida nos mares e que está sendo visitada polos distintos cursos do colexio.

José Manuel preparara esta exposición na súa aula hai uns anos coa colaboración do seu alumnado. Agora aproveitou todos os recursos que realizaron nesta investigación previa para mostralos ao resto da comunidade educativa e para compartir o seu coñecemento sobre o mar co resto de grupos no corredor de entrada do colexio. Por este motivo preparou un calendario para explicar e darlle significado a todo o material que hai exposto.

As primeiras clases foron pasando durante este mes pola mostra e seguirán pasando nos próximos meses para aprender coa guía de Manuel. Agradecémoslle o esforzo para concienciar e difundir os segredos do mar e o océano.

Compartir recursos, compartir coñecemento...Mérgullate no estudo do noso mar!


27 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo
bottom of page