“O espectáculo daquelas augas ricas en especies a través dos paneis do salón, a lectura dos libros da biblioteca e a redacción dos meus apuntamentos empregaban todo o meu tempo e non me deixaban nin un minuto para o aburrimento ou o cansazo.” Xulio Verne (20.000 leguas de viaxe submarina)
Estas palabras de Xulio Verne na obra 20.000 leguas de viaxe submarina son parte das alusións que fai o autor na obra e na que describe como é a biblioteca do famoso submarino Nautilus, un tipo de biblioteca que foi evolucionando co tempo, pero que se mantén viva, por isto o día 24 de outubro celébrase o Día das bibliotecas, que como xa sabedes doutros anos promove desde 1997 a Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil e na que están implicadas todas as bibliotecas do estado. O lema desta edición é “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” incide en “destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, doutras persoas, outras culturas e outros mundos”.
Aproveitamos para anunciarvos o lema deste curso para as Bibliotecas Escolares de Galicia, que será "A biblioteca escolar ten a palabra" e que mellor modo de celebrar o noso día con estas tres proposta de actividades:
1. Describe, enumera, debuxa… como quererías que fose a túa biblioteca ideal no colexio, que recursos, espazos, como se distribuiría, pensa o que farías nela.
2. Cóntanos algo que aprenderas, alguén a quen coñeceras, que descubriras, lugares aos que viaxaras… a través dunha biblioteca.
3. Como sabedes na biblioteca ordénanse os libros segundo o abecedario segundo o apelido do autor/a e o título do libro, por iso vos pedimos que nos enviedes un Abecegrama, trátase dun texto no que cada palabra ten que seguir a orde do alfabeto, podedes facelo en galego, castelán ou inglés. Se queredes ver algún exemplo aquí, ou podedes dicirlle á profe que vos leve a clase o libro “El libro de los juegos” de Juan Berrio. Editorial Lit-era, ademais deste xogo atoparedes numerosas propostas para aprender coa lingua.
Estas foron as vosas achegas:
Comentários