top of page

Avaliación

Indicadores de logro

a) Diferenciar entre un bosque e un monte.


a1. Recoñece as características dun bosque e nomea polo menos dous de Galicia.
a2. Recoñece as características dun monte e nomea polo menos dous de Galicia.
a3. Explica polo menos dúas diferencias entre ambos.
 

b) Coñecer as características dos bosques galegos.


b1. Nomea dúas especies de árbores autóctonas.
b2. Nomea dúas especies animais autóctonas.
b3. Explica a diferencia entre árbores de folla caduca e perenne.
b4. Coñece o bosque submarino e algunha especie.

 

c) Coñecer algunhas das vexetais que poboan os bosques galegos.


c1. Nomea dúas especies de árbores autóctonas.
c2. Nomea polo menos dous arbustos dos bosques de Galicia.
c3. Nomea polo menos dúas herbas dos bosques de Galicia.

c4. Coñece os microorganismos dos bosques e algunha función.
 

d) Coñecer algunhas das especies animais que poboan os bosques galegos.


d1. Coñece polo menos dous mamíferos dos bosques de Galicia.
d2. Coñece polo menos dúas aves dos bosques de Galicia.

e) Coñecer as ameazas que están a sufrir os bosques galegos.


e1. Coñece os ODS2030.
e2. Coñece as causas dos incendios.
e3. Coñece o que é a deforestación.
e4. Coñece polo menos dúas especies invasoras dos bosques de Galicia

 

f) Aprender a respectar as opinións e traballos dos demais.


f1. Dialoga en grupo respectando as quendas de palabra.
f2. Achega consellos construtivos aos traballos dos demais.
f3. Realiza críticas baseadas nos coñecementos adquiridos.

 

g) Valorar o traballo en equipo.


g1. Distribúen funcións entre os integrantes do grupo.
g2. Prefire traballar en grupo que individualmente.

 

h) Seleccionar información desde un punto de vista crítico.


h1. Procura a información seguindo os pasos do guión entregado polo equipo de biblioteca.
h2. Cita as fontes consultadas.
h3. Elabora os seus traballos dun xeito claro e estruturado.
 

i) Preparar exposicións orais e escritas con sentido.


i1. Expón o seu traballo ante outras persoas.
i2. Prepara un guión para a súa exposición.
i3. Expresa as súas ideas e opinións a través de produtos artísticos.

 

j) Elaborar diferentes tipos de materiais escritos, dixitais e orais: exposicións, carteis, expresión artística, monografías, receitas, instrucións, escaletas, storyboard, representacións, entre outros.


j1. Recóllese todo o traballo documental nun espazo web.
j2. Adapta os textos preparados aos esquemas de radio (escaleta) e vídeo (storyboard).
j3. Elabora traballos en diversos formatos para expresar as súas ideas.

 

k) Fomentar a lectura e consulta de diferentes textos e soportes.


k1. Coñece a organización da biblioteca.
k2. Realiza procuras na biblioteca en diferentes tipos de recursos (referencia, textos informativos, monografías, entre outras).
k3. Realiza procuras de xeito eficiente, seguindo o guión elaborado polo equipo de biblioteca.
k4. Coñece as partes dun libro, diferenciando os de ficción dos de non ficción.

 

bottom of page