ACTIVIDADES
Relación de actividades que se desenvolveron durante o curso.

EI
5º
O alumnado de 5º EI invesigou sobre diferentes aspectos do bosque de Galicia, como foron os lobos. Decidiron facer o seu cartel sobre o Mexacán ao cal engadiron o podcast da sección de "El Jardín de Juanita"
2º
Educación Primaria
Os tres segundos participaron no programa do concello da Coruña "Vexo Vexo" de concienciación ambiental da contorna, cun obradoiro nas aulas e posteriormente unha visita ao Monte de San Pedro. Tamén participaron no obradoiro con Carlos Gallego, dentro do programa Biblioteca creativa, así como nun obradoiro de debuxo e pintura sobre as paisaxes, perspectivas e cores.
Os grupos de 2ºB e 2ºC investigaron sobre diferentes especies de flora e sobre as Fragas do Eume.

3º
Educación Primaria
Nos grupos de 3º traballouse investigando sobre os bosques e montes galegos, especialmente no área de proxecto competencial. Investigaron sobre especies de flora dos montes e bosques galegos gravando podcast para cada unha das especies. Finalizaron facendo unha visita ás Fragas do Eume e a súa aula de interpretación.
4º
Educación Primaria
Os grupos de 4ºEP traballaron algunhas especies de árbores e herbas dos montes de Galicia e bosques autóctonos de Galicia. O grupo de 4ºC desenvolveu ao longo do curso uns podcast sobre os poderes das herbas Como actividade final foron ao Encoro de Beche. O alumnado de 4ºC creou unha obra de teatro a partires dun microrrelato creado por unha alumna deste curso. A obra representouse para o alumnado e tamén para as familias na biblioLab.
5º
Educación Primaria
Os grupos de 5º de EP centráronse durante o curso nos bosques submarinos e nos seres vivos que os poboan. Tiveron un Encontro co director do Aquarium Finisterrae e tamé realizron dúas entrevistas a biólogos mariñose aprenderon sobre a gastronomía coas algas.

6º
Educación Primaria
Os grupos de 6º tiveron un Encontro con Francisco Lema sobre os lobos, con Antonio Sandoval sobre as aves, ademais de entrevistar a ambos para Emilia na Onda. Visitaron as Fragas do Eume e tamén o roteiro Ponteceso-Balarés. Fixeron traballos de escritura creativa, como foron estes Haikus e acrósticos, e tamén investigaron sobre flora en perigo de extinción, as árbores senlleiras de Galicia e como facer un herbario.
E
ENGLISH
En 6º de EP definiuse o que é un bosque e aprendeuse léxico sobre as especies máis representativas, comparáronse os bosques galegos cos irlandeses, debido a súa similitude, descubrindo as fadas que os habitan, para isto tiveron un encontro con Declan Mathews onde achegoulle ao alumnado Irlanda, os seus bosques e lendas. Para finalizar leron Robin Hood e "visitaron" o bosque de Sherwood.
A
ARTS AND CRAFTS
Traballo desenvolvido nas aulas de 4º e 6º de Educación Primaria no área de plástica. En 4º realizaron broches con e-téxtiles, aprendeuse vocabulario relacionado cos bosques de Galicia e debuxáronos.
En 6º representaron un bosque nas distintas estacións do ano, seguindo varios estilos pictóricos e artistas a través dun mural colaborativo e cun vídeo resumo:
Outono - Puntillismo - Georges Braque
Inverno - Impresionismo - Claude Monet
Primavera - Cubismo - Emilio Pettoruti
Verán - Pop art - Andy Warhol

Biblioteca
Durante os tres trimestres o equipo de biblioteca desenvolveu unha serie de obradoiros co alumnado de diferentes cursos nos que se traballou a procura de información en diferentes fontes bibliográficas e na internet, para logo transformar esta información noutro produto, que dependendo do curso foi diferente. Desenvolvimos catro obradoiro, pulsando os botóns accederedes a máis información.
B