1.1. Coñece as diferentes propostas de pirámide de alimentación.
1.2.Elabora un menú semanal saudable.
1.3.Coñece algunhas das enfermidades asociadas á alimentación.
2.1.Coñece polo menos tres profesionais que teñen relación cos alimentos e a súa preparación.
2.2.Describe detalladamente o labor de polo menos un dos profesionais.
3.1.Coñece a pegada do noso consumo de alimentos.
3.2.Recoñece a información presente no etiquetado dos alimentos.
3.3.Coñece e elabora unha estratexia para remediar o desperdicio de alimentos.
3.4.Favorece o autoconsumo co cultivo do horto.
3.1.Coñece distintos hábitos de alimentación de cada un dos continentes.
3.2.Respecta e valora os hábitos de alimentación doutras culturas.
3.3.Elabora algunha receita típica doutros países.
3.4.Coñece a relación entre os alimentos e as festas tradicionais.
4.1.Dialoga en grupo respectando as quendas de palabra.
4.2.Achega consellos construtivos aos traballos dos demais.
4.3.Realiza críticas baseadas nos coñecementos adquiridos sobre a alimentación.
5.1.Distribúen funcións entre os integrantes do grupo.
5.2.Prefire traballar en grupo que individualmente.
5.3.Comprender a importancia de cada unha das profesións na elaboración da película.
6.1.Procura a información seguindo os pasos do guión entregado polo equipo de biblioteca.
6.2.Cita as fontes consultadas.
6.3.Elabora os seus traballos dun xeito claro e estruturado.
7.1.Expón o seu traballo ante outras persoas.
7.2.Prepara un guión para a súa exposición.
8.1.Recóllese todo o traballo documental nun espazo web.
8.2.Elabora receitas e instrucións seguindo o esquema textual.
8.3.Adapta os textos preparados aos esquemas de radio (escaleta) e vídeo (storyboard).
9.1.Coñece a organización da biblioteca.
9.2.Realiza procuras na biblioteca en diferentes tipos de recursos (referencia, textos informativos, monografías, entre outras).
9.3.Realiza procuras de xeito eficiente, seguindo o guión elaborado polo equipo de biblioteca.
Comments