top of page
IMAG0036_edited.jpg

MOTIVACIÓN - PRESENTACIÓN

Exposición

Exposición permanente dos fondos bibliográficos na biblioteca EPB.
Na imaxe pode apreciarse o mural elaborado polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares (EACE). Posteriormente os fondos trasladáronse á zona de exposicións da biblioteca, deixando o espazo para mostrar outros recursos.

cartel_ini_saboresaber_edited.jpg
Sabemos.png
Queremos saber.png

PROPOSTA

Presentación ao alumnado dalgunhas das posibilidades de investigación e nas  que se propoñían algunhas preguntas para fomentar que falasen e se cuestionasen sobre o nivel de afondamento no tema.

SABEMOS

Aspectos que coñece o alumnado  desde a perspectiva da ecoloxía, a cociña, alimentos, alimentación saudable e profesións relacionadas coa alimentación.

QUEREMOS SABER...

Tras o análise de aquilo que sabiamos sobre o tema nas aulas falouse de que queriamos aprender durante este curso sobre a alimentación e todas as súas perspectivas, podendo ampliar ou seguir un camiño diferente ao longo do proceso.

Tormenta de ideas

Nesta actividade as aulas dialogaron acerca do que lles evocaba o proxecto, sobre aquilo que sabían sobre as distintas perspectivas sobre a alimentación e sobre aquilo que lles gostaría saber ou aprender, ben en forma de coñecemento, ben en forma de experiencia. Partimos do cartel elaborado polo Equipo de biblioteca para fomentar o diálogo.

1º TRIMESTRE

Que fixemos?

Pasaporte_IMG_edited.jpg

LIBROS QUE ALIMENTAN

"Libros que alimentan" é un concurso no que cada semana propoñemos unha pregunta relacionada coa alimentación. A resposta está nalgún dos libros relacionados co P.D.I. “Sabor e saber”, que están situados na exposición permanente na entrada e no interior da biblioteca. Fomentarase a procura de información e citar as fontes de consulta axeitadamente

Os puntos acumulados poden utilizarse para diversas recompensas.

OBRADOIROS

SABOR E SABER

No mes de novembro comezamos na BiblioLab unha serie de obradoiros nos que relcionamos os alimentos con outros aspectos como a ciencia, a investigación ou a arte.
Desenvolvéronse catro experiencias:

- O volcán ácedo

 

- Alimentos con enerxía

 

- Legoalimentos

 

- Alimentos de papel

VÓS CONTADES!

bottom of page